'Miles gloriosus', de Plauto, en Vigo

mér25out20:30'Miles gloriosus', de Plauto, en Vigotempada de teatro afundación20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

‘Miles gloriosus’, de Plauto, chega ao Teatro Afundación de Vigo o mércores 25 de outubro, dentro da Tempada de Teatro Afundación en Vigo.

Versión de Antonio Prieto, dirixida por Pep Anton Gómez e interpretada por Carlos Sobera, Ángel Pardo, Elisa Mantilla, Silvia Vacas, Juanjo Cucalón, David Tortosa, Antonio Prieto e Arianna Aragón.

«Unha montaxe divertidísima onde cada un dos seus intérpretes brilla con luz propia»

DIRECCIÓN
Pep Anton Gómez

VERSIÓN
Antonio Prieto

ELENCO
Carlos Sobera, Ángel Pardo, Elisa Matilla, Silvia Vacas, Juanjo Cucalón, David Tortosa, Antonio Prieto, Arianna Aragón

PRODUCIÓN
Festival de Teatro Clásico de Mérida e Arequipa Producciones

1 h 40 min | Castelán | NRM 14

Miles é un prototipo de home que nos resulta moi familiar. Deixando de lado a súa condición de militar, invicto por suposto, Miles é un tipo empoderado, fantoche, pagado de si mesmo, narcisista e obsesionado co sexo. Cre firmemente que todas as mulleres o adoran e pretende a todas.

Vive en Éfeso xunto a Cornelia, unha bela princesa da que pensa, bebe os ventos por el, esquecendo o pequeno detalle de que a ten secuestrada… Mais a situación pode dar unha volta radical.

O criado de Miles, farto do seu xefe perturbado, decide axudar a rapaza e, así, de paso, traza un brillante plan para escarmentalo coa axuda da veciñanza.

Entradas anticipadas á venda dende 21,60 euros en Ataquilla.com


OBRAS DA TEMPADA DE TEATRO AFUNDACIÓN EN VIGO

Inaugurará a tempada o xoves 19 de outubro a peza ‘Equus’, de Peter Shaffer, baixo a dirección de Carolina África e coa interpretación de Roberto Álvarez, Álex Villazán, Jorge Mauyor, Mamen Camacho e Claudia Galán. Esta destacada produción da dramaturxia universal tráenos un texto complexo no que o psiquiatra Martin Dysart recibe o encargo máis difícil da súa carreira profesional debe trata a un mozo que cometeu un acto brutal: sacarlle os ollos cun punzón a seis cabalos que coidaba. A partir de aquí comeza unha investigación na que o psiquiatra deberá investigar sobre que levou a este mozo de boa familia, que xamais tivera ningún problema, a cometer tal atrocidade.

A continuación, será a quenda de ‘Miles gloriosus’, de Plauto, o mércores 25 de outubro, cunha versión de Antonio Prieto, dirixida por Pep Anton Gómez e interpretada por Carlos Sobera, Ángel Pardo, Elisa Mantilla, Silvia Vacas, Juanjo Cucalón, David Tortosa, Antonio Prieto e Arianna Aragón.

Miles é un prototipo de home que nos resulta moi familiar. Deixando de lado a súa condición de militar, invicto, por suposto, Miles é un tipo empoderado, fantoche, pagado de si mesmo, narcisista e obsesionado co sexo. Cre firmemente que todas as mulleres o adoran e preténdeas a todas. Vive en Éfeso xunto a Cornelia, unha bela princesa da que pensa que bebe os ventos por el, esquecendo o pequeno detalle de que a ten secuestrada… Pero a situación pode dar unha volta radical.

‘Un Oscar para Óscar’ será a terceira produción en saír a escena. Será o martes 21 de novembro, baixo a dirección de Mario Hernández e cun elenco conformado por Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala e Mara Guil. Atopámonos na cidade de Los Ángeles o día no que se celebra a cerimonia dos Óscar, en concreto, nun modesto motel dos arredores. Alí atópase Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, xunto ao ministro de Cultura, Guillermo Barrientos, e á ministra de Facenda, Irene Navarro.

Con continuos piques entre os dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha moza de compañía contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala. Este imposible grupo de catro vivirá a noite máis tola das súas vidas.

O mércores 29 de novembro sairá a escena ‘El librero de Azaña’, de Miguel Murillo, dirixida por Francisco Suárez e coa interpretación de Jacobo Dicenta, Ana Fernández, Juanma Navas, Alberto Luceiro e Isabel Moreno. De ser a encarnación da liberdade e da República para figurar durante moitos anos como o monstro máis infame, Manuel Azaña foi un mito e símbolo español que, por certo, tamén chegou tarde á súa cita co tempo que lle tocou vivir.

Desde unha librería de libros usados no Madrid que segue sendo un vínculo entre o vello e o moderno, a historia pasa vertixinosamente no seu escaparate e os libros reflicten os sucesos máis decisivos ocorridos durante vinte anos da nosa historia. Cosme, Pascual, Consuelo e Encarna, xunto ao pobo español, observan o que ocorre e pensan en Azaña, intúeno, interprétano, ámano e ódiano, e esperan algo que, como sempre, non chega.

Finalmente, clausurará a tempada ‘Adictos’, protagonizada por Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich, o mércores 6 de decembro. Esta obra xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todas as persoas: ata que punto a tecnoloxía nos somete? Somos libres? Que tipo de sociedade construímos? Que nos trae o futuro? Merecemos chamarnos «seres humanos»? A realidade de Adictos é a da expansión progresiva da desinformación. Unha ficción que manifesta inquietudes que nos incumben a todas e a todos, cuestionando aquilo asumido como certo. Este texto reivindica a capacidade de reacción do ser humano, ese punto de rebeldía necesario para que as cousas evolucionen cara a unha vida tecnoloxicamente sa e socialmente libre.

Todas estas producións teatrais representaranse no Teatro Afundación de Vigo ás 20:30 horas. Ademais, a tempada encádrase no programa solidario «Cultura por Alimentos», levado a cabo en colaboración con FESBAL. Así, os asistentes poderán doar alimentos non perecedoiros depositándoos nos lugares habilitados para eles no acceso ao edificio. Todo o recadado será doado ao banco de alimentos local.

Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!