'Música nos libros' con María Faltri en Vigo

sáb21set18:00'Música nos libros' con María Faltri en VigoUn espectáculo do programa FalaRedes 18:00 Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

A Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valadares de Vigo acollerá ‘Música nos libros’, un espectáculo do FalaRedes cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega.

María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil.

Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar.

Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Concello de Vigo

Está pasando!