This is a repeating event

Nadal en Poio 2024

xov05decConsultarNadal en Poio 2024Do 30 de novembro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025(Consultar: xoves) Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

Concello de Poio presentou a programación do Nadal, unha proposta “ambiciosa, participativa e de calidade” destinada para toda a familia e coa que aspiran a encher de ilusión e maxia cada lugar do municipio.

O alcalde, Ángel Moldes, que estivo acompañado por representantes das máis de corenta entidades e colectivos que participan na programación, destacou que “tras o éxito do ano pasado, tiñamos claro que íamos apostar de novo por esas sete Aldeas de Nadal e a carpa Poio Máxico como lugares de encontro e diversión para veciños e visitantes durante unhas festas tan especiais”.

Así, recoñeceu que “si antes os veciños de Poio tiñan que saír do noso concello para gozar do Nadal, desde o ano pasado conseguimos reverter esta situación, agora non só eles disfrutan en Poio, senón que son moitas as persoas do resto da comarca que veñen para participar na nosa programación e, deste xeito, contribúen a encher de vida e dinamizar o noso concello”.


Presentación do Nadal de Poio 2024-2025 | © Concello de Poio

O Nadal de Poio inaugúrase o sábado 30 de novembro, ás 18.30 horas na Praza do Mosteiro, con música, animación e moitas sorpresas. Nese momento tamén será o acendido da iluminación en cada unha das sete Aldeas que estarán situadas na contorna dos muíños de Samieira, no parque de Lourido, no Adro de San Salvador, na Praza da Chousa de Combarro, no porto de Raxó, na Praza da Granxa de Campelo e na contorna da Igrexa de San Martiño, mentres que a carpa Poio Máxico volverase instalar na Seca. Aldeas de Nadal que introducirán algunhas diferencias e novidades con respecto o ano pasado para volver ser protagonistas

Segundo explicou, este ano o Nadal de Poio estará inspirado na película ‘Charlie e a Fábrica de Chocolate’, e así desde a cartelería, como toda a proposta escénica, os vestiario e os contidos fan referencia a esta temática. Así, ‘Bulelandia’ é o espectáculo itinerante que servirá de fío condutor para que cada Aldea de Nadal sea un lugar máxico con moita animación, música e bailes especiais da man de Javi Solla e Tere.

Ademais, nestas sete aldeas organizaranse outras actividades de animación na rúa, nas que están implicados diferentes colectivos para organizar sesións de teatro, batucadas, obradoiros, belén vivente, contos, panxoliñas, música ou incluso un anticipo das badaladas de fin de ano.

Na Seca instalarase a carpa Poio Máxico, na que haberá actuacións, zonas de xogos e obradoiros. Será tamén escenario de tres das actuacións máis potentes que esconde este Nadal de Poio: o espectáculo ‘Superhits’, con Juan D e Beatriz, os presentadores do programa ‘Los Lunnis’ que estarán en Poio o sábado 7 de decembro; o ilusionismo de Pedro Volta, o mércores 25; e os Cantajuegos co seu espectáculo ‘Tallarín’, un mundo máxico, o xoves 2 de xaneiro.

Pero ao longo do Nadal tamén haberá outras actuacións de maxia, música e mesmo o concerto final do proxecto Poio Sesións, entre outros. “As familias nos propuxeron que incrementásemos aínda máis o número de actividades e nós o que facemos é escoitar aos veciños e ampliar esta programación con propostas variadas e de calidade”, engadiu. Todas as actividades son gratuítas, tanto nas Aldeas de Nadal como na carpa Poio Máxico, ata completar o aforo dispoñible.

A programación inclúe tamén a tradicional papanoelada moteira polas estradas do municipio, a visita de Papá Noel ás Parroquias e, con respecto aos Reis Magos, este ano repiten tamén experiencia e farán dobre parada no municipio, o día 5 para visitar todas as parroquias, e o 6 para despedirse de todos os nenos da comarca desde Poio, cunha cabalgata participativa, coa colaboración das anpas e das comparsas, que rematará cunha gran festa de animación infantil no entorno da carpa Poio Máxico.


Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Concello de Poio

Está pasando!