mago paco

O Mago Paco presenta 'Hocus Pocus' en Dozón

ven09ago11:00O Mago Paco presenta 'Hocus Pocus' en Dozóncultura no camiño 202411:00 Concello de Dozón - Dozón

Detalles do Evento

O venres 19 de agosto O Mago Paco presenta o espectáculo de maxia ‘Hocus Pocus’ no CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón.

Seguindo a súa tónica de humor, O Mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas.

A maxia de O Mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar… formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, loucos, emotivos e sobretodo inesquecibles.

Preparade as vosas mellores gargalladas porque comezamos!

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Venres) 11:00

Localización

Concello de Dozón

Está pasando!