Obradoiro 'Pintar con/desde a luz' en Pontevedra

sáb27dec18:30Obradoiro 'Pintar con/desde a luz' en Pontevedra'Do final e do comezo 2025'18:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

No marco das actividades da exposición ‘Do final e do comezo’, promovida polo Servizo de Infraestruturas Culturais do Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, o 27 de decembro o Pazo da Cultura acolle o taller ‘Pintar con/desde a luz’, impartido polo titulado Iñigo Barreiro, un dos artistas participantes nesta exposición.

Dirixido a un público familiar, infantil e adulto, trátase dun obradoiro con inscrición previa, centrado no traballo coa percepción lumínica e como esta afecta á percepción do espazo, no que as e os participantes poderán descubrir a pintura vencellada á luz nunha atmosfera experimental de xogo.

Está pasando!