Ponteatro: ‘Reconversión’ de Ibuprofeno Teatro

xov20mar21:00Ponteatro: ‘Reconversión’ de Ibuprofeno TeatroCICLO TEATRAL PARA PÚBLICO ADULTO21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 20 de marzo ás 21:00 horas, o Teatro Principal de Pontevedra acolle unha nova función do ciclo Ponteatro.

Nesta ocasión Ibuprofeno Teatro porá en escena a obra ‘Reconversión’, un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na ría de Vigo.

‘Reconversión’ é unha viaxe desde a posguerra ata o “Felipismo”dos 80, pasando pola auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.

Un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

  • Dirección e autoría: Santiago Cortegoso
  • Elenco: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos
  • Duración: 100 min



PONTEATRO 2025

Ponteatro regresa entre o 20 de febreiro e o 3 de abril con 6 propostas de teatro, danza, humor, xénero musical e monicreques para público adulto.

  • Xoves 20 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘4 x 4’ de Ron Lalá
  • Xoves 27 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘#2Pilgrims’ de Redrum Teatro
  • Xoves 13 de marzo ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘El Verdugo’ de El Espejo Negro
  • Xoves 20 de marzo ás 21h. no Teatro Principal – ‘Reconversión’ de Ibuprofeno Teatro
  • Venres 28 de marzo ás 19h. no Pazo da Cultura – ‘Os miserábeis’ do IES Illa de Ons de Bueu
  • Xoves 3 de abril ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘Ceibe’ da compañía da danza Fran Sieira

Todos os espectáculos terán lugar os xoves ás 21h. a excepción de ‘Os miserábeis’ que, ao formar parte do programa do Salón do Libro, terá lugar ás 19h. do venres 28 de marzo a un prezo de 3 euros.

As restantes propostas contarán co prezo habitual de 8 euros e reducido de 4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos.

Xa está activa a venda en Ataquilla.com tamén do formato abono que oferta o total dos 6 espectáculos a un prezo de 26 euros máis gastos.


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!