Concerto do cuarteto Talos en Vigo

xov20mar20:00Concerto do cuarteto Talos en Vigo 20º Aniversario da Orquestra Vigo 43020:00 Salón Regio A Sede RC Celta - Vigo

Detalles do Evento

O xoves 20 de marzo ás 20:00 horas, no Salón Regio A Sede RC Celta, o cuarteto Talos ofrecerá o concerto ‘De Haydn a Bartók: a traxectoria dun xénero’, dentro da programación do 20º Aniversario da Orquestra Vigo 430.

Este programa constitue unha viaxe a través da evolución do cuarteto de cordas, dende o clasicismo ata o modernismo.

O cuarteto de Haydn representa a pureza e a forma clásica do xénero, cheo de enxeño e elegancia. O cuarteto de Zemlinsky, menos coñecido pero igualmente fascinante, amosa a transición ao romanticismo tardío coa súa rica harmonía e expresividade.

Finalmente, o cuarteto de Bartók é unha obra mestra do século XX, coñecida pola súa innovadora estrutura e uso do folclore.

Este programa ofrece unha fascinante exploración da diversidade e evolución do cuarteto de cordas, a mans de intérpretes tan excepcionais como os que integran o cuarteto Talos, formado por Hana Mizuta Specer (violín I), Leo Appel (violín II), Alinka Rowe (viola) e Katarina Leskovar (violonchelo).

Haydn: Cuarteto de cuerda en Si bemol mayor, Hob.III:67
Zemlinsky: Cuarteto de cuerda no 1, Op. 4 en La mayor
Bartók: Cuarteto de cuerda no 4 en Do mayor

Entradas anticipadas á venda dende 9 euros (máis gastos de xestión) en ticketrona.com



20º ANIVERSARIO DA ORQUESTRA VIGO 430

A Orquestra Vigo 430 cumpre máis de 20 anos converténdose nun dos principais referentes no panorama da música clásica galega e española. Iniciada como unha pequena orquestra de corda baixo o nome de Ensemble Vigo 430, a agrupación evolucionou significativamente, consolidándose como un proxecto versátil e de prestixio.

Co apoio constante do Concello de Vigo, a Orquestra Vigo 430 logrou consolidarse como un proxecto musical moderno e diferenciador, atraendo músicos e solistas de renome internacional e ofrecendo unha programación innovadora e de calidade.

Ao longo deste traxecto, a Orquestra Vigo 430 converteuse nunha peza fundamental da escena musical de Vigo e Galicia, sendo convidada a formar parte como membro adherido da Asociación de Orquestras Sinfónicas Españolas (AEOS).

Ademais, a súa colaboración continua desde 2013 con “Amigos da Ópera de Vigo” permitiulle interpretar as óperas máis soadas do repertorio, recibindo excelentes críticas en revistas nacionais e internacionais.

A excelencia da orquestra foi recoñecida co premio Martín Códax da Música de Galicia en 2014 e o seu recente nomeamento aos premios da crítica de Galicia en 2023.



A Orquestra Vigo 430 mantén unha estrutura flexible, adaptándose a diversas formacións, desde cuartetos de corda, pasando pola orquestra barroca ata a gran orquestra sinfónica, o que lle permite ofrecer unha programación variada e de altísima calidade musical, baseándose na calidade dos músicos locais xunto coa achega e cosmopolitismo que lle achega a colaboración de excelentes músicos de diversas nacionalidades.

Para celebrar o seu 20 aniversario, a orquestra presenta unha programación que é, con diferenza, a máis ambiciosa en canto a calidade de todos estes anos.

A tempada 2025 é unha mostra da traxectoria e da vocación da Orquestra Vigo 430 de achegar a música clásica a todas as audiencias, con programacións atractivas de alta calidade e contidos interdisciplinares, coas que a orquestra segue reafirmando o seu compromiso coa cultura e a excelencia musical en Galicia.

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Salón Regio A Sede RC Celta

Rúa do Príncipe, 44, Santiago de Vigo 36202 Vigo, Pontevedra

Está pasando!