Enterro da Lamprea 2024 | Concello de Salvaterra de Miño

O Enterro da Lamprea de Salvaterra de Miño ten nova data

12 Marzo 2025

Enterro da Lamprea de Salvaterra de Miño, que este ano tivo que se aplazado por mor da choiva, celebrarase o sábado 15 de marzo ás 16:30 horas, con saída dende a Rúa Rosalía de Castro e transcurso polas principais rúas da vila ata chegar á Praza do Concello.

No desfile non faltará a comitiva da defunta lamprea coas súas incondicionais “choronas” que porán a cor fúnebre da tarde. Lembramos a quen queira que poderá acompañar a comitiva da defunta antes da súa queima na Praza do Concello, onde escoitaremos a lectura do testamento da Lamprea e haberá un chocolate quente para todos e todas.

Será un día onde o espectáculo de son, luces, vestimentas e risas, moitas risas, estarán asegurados.



A programación de Entroido complétase co desfile de disfraces dos centros educativos de Salvaterra de Miño dende o Concello ao Parque A Canuda o venres 28 de febreiro.

E non pode faltar a tradicional Festa Infantil de Entroido o martes 4 de marzo ás 17:30 horas con música, diversión e chocolate e rosca.

Está pasando!