O Centro Sur de Pontevedra celebrará o Día da Muller con música e historias inspiradoras

6 Marzo 2025

Este 8 de marzo, o Centro Sur acollerá ás 18:00 horas, unha celebración especial do Día Internacional da Muller baixo o tema ‘Nosas, Muller e Música’.

Este evento está organizado pola Asociación Veciñal e Cultural Salcedo Norte e contará coa participación das socias e artistas Noemia Veiga Gonçalves e Sara Varela Juan.

Durante a velada, Noemia e Sara compartirán as súas experiencias e desafíos no mundo da música tradicional e da canción autora. A través das súas historias persoais, exploraremos o impacto significativo que a música ten na vida profesional e persoal das mulleres.

Ademais das charlas inspiradoras, haberá actuacións en vivo. É unha oportunidade única para celebrar a forza e creatividade das mulleres na musica e recoñecer as súas contribucións enriquecedoras.


Está pasando!