Acto 8M 2024 | Concello de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño conmemora o 8M cun acto especial

6 Marzo 2025

O Concello de Salvaterra de Miño quere convidar a toda a cidadanía a un acto especial que se celebrará o próximo venres 28 de marzo, enmarcado nas actividades de conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Este evento terá lugar na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño.

Ese día presentarase un vídeo creado polo grupo de audiovisuais do IES Salvaterra de Miño, que ofrece unha mirada sobre a igualdade e o papel da muller na sociedade actual, desde a perspectiva da xente moza.



Este proxecto busca dar voz aos adolescentes e reflexionar sobre os retos e logros que as mulleres enfrentan no seu día a día.

O obxectivo é fomentar a igualdade desde a educación e a participación activa da mocidade en temas sociais e ó mesmo tempo xerar conciencia sobre a igualdade de xénero, recoñecer as contribucións das mulleres en diversos campos e promover o empoderamento.

Está pasando!