Proxección de 'Decision to leave' en Vilagarcía

ven20out21:00Proxección de 'Decision to leave' en VilagarcíaCine Club Adega21:00 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O Salón García acolle o venres 20 de outubro a proxección do filme ‘Decision to leave’ (Park Chan-wook, 1965), organizada polo Cine Club Ádega.

De paixóns autodestrutivas vai tamén a última cinta que traemos en outubro: un filme noir como soamente Park Chan-wook sabería facer, cunha intensidade narrativa e visual que case podes palpar.

Thriller e romance a partes iguais, atracción fatal no medio dun crime por resolver… Será quen o protagonista de tomar a decisión de marchar antes de que o consuma a paixón? Se es dos que pensan que Parasite foi soamente o comezo do dominio surcoreano no audiovisual, este filme é para ti.

Hae-Joon, un veterano detective, investiga a morte dun home na cima dunha montaña. Pronto comezará a sospeitar de Sore, a súa muller, mentres a atracción que sente por ela o desestabiliza…

Venda de entradas no Salón García o mesmo día da proxección a partir das 20:30 horas.

Entrada de balde para socios anuais e 4 euros para socios por 1 día/sesión.


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!