Proxección de 'Tardes de soidade' en Vilagarcía

xov19xuñ20:30Proxección de 'Tardes de soidade' en VilagarcíaCINE CLUBE ÁDEGA20:30 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O xoves 19 de xuño, ás 20:30 horas, o Cine Clube Ádega proxectará no Salón García o filme documental ‘Tardes de soidade’ (Albert Serra, 2024), gañadora da Concha de Ouro no Festival de San Sebastián 2024.

Venda de entradas no Salón García a partir das 19:30 horas o día da proxección. Socios anuais, entrada de balde; non socios, 2,5 euros.

Sinopse

Retrato dunha figura do toureo en activo, Andrés Roca Rey, que permite reflexionar sobre a experiencia íntima do toureiro, que asume o risco de enfrontarse ao touro como un deber persoal, por respecto á tradición e como un desafío estético.

Isto crea unha forma de beleza efémera a través da confrontación material e violenta entre a racionalidade humana e a brutalidade do animal.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!