This is a repeating event

A Rapa das Bestas en Sabucedo

dom07xulConsultarA Rapa das Bestas en SabucedoFesta de Interese Turístico Internacional(Consultar: domingo) Sabucedo - A Estrada

Detalles do Evento

Do 5 ao 8 de xullo de 2024, terá lugar en Sabucedo, a celebración da tradicional Rapa das Bestas, festa declara de Interese Turístico Internacional.

Sabucedo é unha parroquia situada no sur do Concello da Estrada, cunha extensión de 5,9 km². Conta cunha sóla entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Con todo, en Sabucedo ten lugar una das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade, e vontade colectiva de todas as que integran o noso legado cultural: A Rapa das Bestas de Sabucedo.

A Rapa comeza rememorando o vínculo ancestral dos cabalos co divino. Durante a “misa da alborada” pídese protección a San Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa. A continuación sóbese ao monte en busca dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos reunindo as mandas. Finalmente, o sábado, condúcense nun gran cerco á aldea.

A parte máis espectacular da festa é o Curro, onde os “aloitadores” e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo, para inmobilizar ao animal e cortarlle as crines. Existe unha zona de acampada habilitada e unha sorprendente oferta de lecer nocturno.


Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Sabucedo

A Estrada

Está pasando!