'Recordos do Marqués de Alcedo', exposición en Vigo

mar11marConsultardom15xuñ'Recordos do Marqués de Alcedo', exposición en VigoExposición de lotes adquiridos polo Concello de Vigo(Consultar) Museo Quiñones de León - Vigo

Detalles do Evento

Co gallo da celebración en 2025 do centenario da doazón do Pazo de Castrelos ao pobo de Vigo, o Concello de Vigo participou na poxa ‘Antonia Bañuelos-Thorndike, últimos recordos íntimos e varios’, organizada por la casa Côte Basque Encheres ubicada en St Jean de Luz (Francia).

A poxa estaba formada por 332 lotes de obxectos e obras de arte, relacionados coa pintora Antonia Bañuelos – Thorndike, segunda esposa de D. Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo.

Procedían na súa maioría da casa do matrimonio “Ville Alcedo” de Biarritz, actualmente desaparecida.

O Concello de Vigo acordou participar na poxa para facerse con pezas de interese histórico-artístico relacionadas co Marqués de Alcedo e o Pazo de Castrelos.

Esta exposición mostra gran parte dos lotes adquiridos, pezas de interese histórico-artístico relacionadas co Marqués de Alcedo e o Pazo de Castrelos entre as que destacan especialmente o Autorretrato de Antonia Bañuelos coas súas fillas, inacabado probablemente polo falecemento da pintora en 1909; o Retrato de Cayo Quiñones, pai do Marqués, que colgou orixinalmente no hall do Pazo de Castrelos; o servizo de mesa co escudo de armas “Quiñones de León”; ou a copa do torneo de tenis “San Carlos de Pedroso”, obtida polo Marqués ou as súas fillas en 1911.

Do 11 de marzo ata o 15 de xuño de 2025 no Museo-Pazo Quiñones de León (Rúa do Pazo, 1 – Castrelos).

Horario:

  • Mañás

    • Martes a venres: de 10.00 a 14.00 h
    • Domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 h

  • Tardes

    • Mércores e xoves: de 17.00 a 20.00 h
    • Sábados: de 17.00 a 20.00 h

Hora

Marzo 11 (Martes) - Xuño 15 (Domingo)

Localización

Museo Quiñones de León

Abeleira Menéndez, 8 362020 Vigo

Está pasando!