Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en Marín

sáb07set21:00Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en MarínFestas da Virxe do Porto 202421:00 Alameda de Marín - Marín

Detalles do Evento

O programa +Música da Deputación de Pontevedra trae á Alameda de Marín o sábado 7 de setembro a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, dentro da programación das Festas da Virxe do Porto 2024.

O músico coruñés Xabier Díaz conclúe unha triloxía personalísima en compañía de As Adufeiras de Salitre co seu álbum ‘As Catedrais Silenciadas’. Este traballo culmina un proceso que comezou no ano 2015 e no que o elemento diferencial son o conxunto de mulleres vocalistas e percusionistas.


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Alameda de Marín

Alameda Rosalía de Castro, 36900 Marín

Está pasando!