O Concello de Pontevedra lanza a campaña #AgasallaCultura para promover as experiencias músico-culturais como regalo nestas datas

19 Decembro 2022

  • Os eventos destacados por proximidade nas datas de celebración son o concerto de Aninovo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra o 1 de xaneiro, o espectáculo teatral ‘Nueva York en un poeta’ de Alberto San Juan o 21 de xaneiro e o concerto de Nacho Vegas o 27
  • Todos eles terá lugar no Pazo da Cultura e teñen xa as súas entradas á venda a prezos populas que oscilan entre os 4 e os 18 euros

A concelleira Carme Fouces presentaba hai uns días, ao tempo que o Concerto de Aninovo, a campaña #AgasallaCultura “nestes tempos nos que a xente xa ten de todo, en vez de mercar cousas materiais que logo rematan en Wallapop, merquemos e agasallemos experiencias músicoculturais.
Un concerto, unha obra de teatro, etc. iso é algo que lle chega ao corazón a calquera. É unha compra menos material, feita con pensamento, amor e e ilusión e ademáis a moi bo prezo.”

Dentro desta campaña pola súa variedade e proximidade nas datas de celebración están incluidos os seguintes eventos que terán lugar no Pazo da Cultura e xa contan con venda anticipada en ataquilla.com a partir de 4 euros.

Concerto de Aninovo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra xunto a Agrupación Folclórica estradanse Tequexetéldere e o solista Suso Vaamonde o 1 de xaneiro ás 19.30h con prezos de 10, 12 e 15 euros.

Baixo a batuta de Isabel Rubio, a orquestra interpretará extractos de música galega, en colaboración coa Agrupación Folclórica Tequexetéldere onde se poderá gozar da beleza dos cantos,bailes, melodías e instrumentacións da nosa terra. E como non, unha segunda parte inspirada na paisaxe Vienesa, onde soarán valses e polcas, interpretadas con artístico esmero e coa participación do gran mestre de instrumentos populares Suso Vaamonde.

‘Nueva York en un poeta’ de Alberto San Juan o 21 de xaneiro ás 20.30 no Pazo da Cultura con prezo de 12 euros (4 euros para estudantes, desempregados e maiores de 65).

Lorca viviu en Nova York desde xuño de 1929 a febreiro de 1930. Entón viaxou a Cuba, onde pasou tres meses, e, finalmente, regresou ao Estado español cos poemas do libro Poeta en Nova York na maleta. O espectáculo é aquel encontro de Lorca co público na Residencia de señoritas no que se escoitaron eses poemas por primeira vez.

O espectáculo comeza cun preludio musical, a cargo do cuarteto A Banda, composto por fragmentos das pezas de jazz que Lorca descubriu nos clubs neoiorquinos naquel ano 29. Despois, a voz de Ian Gibson introduce a conferencia e Federico, interpretado por Alberto San Juan, aparece no escenario. Durante unha hora, viaxaremos con el de Granada a Nova York e á Habana.

Elenco: Alberto San Juan, Claudio de Casas (guitarra), Pablo Navarro (contrabaixo), Gabriel Marijuán (batería).

Concerto da xira ‘Mundos Inmbóbiles derrumbándose’ de Nacho Vegas o 27 de xaneiro ás 21h no Pazo da Cultura, con prezos entre os 12 e os 18€. Previamente e de balde terá lugar a presentación ás 19:30h. do libro ‘Hey!’ de Hans Laguna a cargo do propio músico e a xornalista Chus Gómez Dorrego, na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura.

É mellor dicilo desde xa, por se estas liñas collen ao lector con présa: Mundos inmóviles derrumbándose é o mellor álbum de Nacho Vegas ata a data, Isto non é unha frase promocional, nin ese lugar común dos artistas cando din, case sempre porque necesitan crelo así, que a súa última obra sempre é a mellor, No caso de Vegas, este novo álbum revitaliza e pon ao día cada elemento que serviu para convertelo nun referente musical ineludible para toda unha xeración, e nun dos máis grandes escritores de cancións que deu o noso país nas últimas décadas.

Tras máis de 20 anos de carreira profesional na música, Mundos inmóbiles derrubándose xorde, non como un álbum de madurez, senón como un álbum de plenitude, Todo o que fixo grande a Nacho Vegas no pasado está aquí: a pluma afiada, a introspección, a aguerrida crítica social, o íntimo e confesional, e esas melodías que se instalan no oínte desde a primeira escoita. Vegas ábrese en canle en cada canción e ofrece todo o que ten dentro, cun compromiso moi difícil de ver na música actual, e reinventándose en pleno século XXI cun son máis luminoso e orgánico.

Para iso formou unha nova banda que se nutre de vellos colaboradores, como Joseba Irazoki ou Manu Molina, e a decisiva incorporación de Hans Laguna, Ferrán Resines e Cristian Pallejà, que tamén foron os responsables da gravación e mesturas do disco, Ademais deles, colaboracións de luxo como as de Mursego, Mancha ‘E Plátano, el Coru Antifascista Al Altu La Lleva e toda unha delegación de novos talentos cataláns nos ventos e as cordas que arroupan algunhas das cancións, axudan a perfilar o son de ‘Mundos inmóviles derrumbándose’.

O disco non é unha simple colección de novas cancións: case poderiamos dicir que funciona como unha exposición na que o oínte avanza da man de Nacho, parándose en cada peza para contemplala con atención e mergullarse en cada frase, cada melodía, cada emoción, cada historia narrada con pinceladas certeiras que cobran vida nova en cada escoita, Todo iso conectado pola personalidade de Nacho e pola magnética expresividade da súa voz, que soa hoxe mellor que nunca; máis sincera e máis rotunda, intensa nalgúns momentos, quebradiza noutros, e sempre ao servizo da canción, esa obra última que, neste disco, transcende a todo o demais, Desde os cegadores retrousos de «La flor de la manzana» ou «Big Crunch» á sensibilidade desbordante de «El don de la ternura», pasando pola desgarradora «Ramón In», a ácida «El mundo en torno a ti» ou a melancólica «Y esta noche nunca acaba», todo en Mundos inmóviles derrumbándose empeza e acaba nas cancións, porque Nacho Vegas e as súas cancións son, en esencia, unha mesma cousa.

Está pasando!