Atlantic Fest en Vilagarcía

ven15xulConsultardom17xulAtlantic Fest en VilagarcíaFestivais Rías Baixas(Consultar) Praia da Concha - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O corazón das Rías Baixas volve vibrar, coa mellor música en directo os días 15, 16 e 17 de xullo nunha nova edición do Atlantic Fest.

Os concertos divídense en catro escenarios, Xacobeo 21-22, Vibra Mahou e Alma Atlántica en funcionamento os días 15 e 16 de xullo na Praia da Concha e o escenario Paco & Lola en funcionamento o día 17 de xullo na peonil da Praza da Peixería.

VENRES 15 DE XULLO

  • 19:30 Diamante Negro. Escenario Alma Atlántica
  • 20:15 Nueve Desconocidos. Escenario Alma Atlántica
  • 21:00 Rojuu. Escenario Vibra Mahou
  • 21:55. Depresión Sonora. Escenario Alma Atlántica
  • 22:45 Fangoria y Nancys Rubias. Escenario Xacobeo 21-22
  • 1:00 Concerto Vibra Mahou Shinova. Escenario Vibra Mahou

SÁBADO 16 DE XULLO

  • 12:00 Las Dianas. Escenario Alma Atlántica
  • 12:55 Rocío Saiz. Escenario Alma Atlántica
  • 13:40 Quique González. Escenario Xacobeo 21-22
  • 15:00 Lorena Álvarez. Escenario Alma Atlántica
  • Son da Arboreda (zona gastro) Señora DJ de 15:00 a 17:00
  • 16:00 Los Hermanos Cubero. Escenario Vibra Mahou
  • 17:00 Kora. Escenario Alma Atlántica
  • 18:00 María Arnal i Marcel Bagés. Escenario Xacobeo 21-22
  • 19:30 El Último Vecino. Escenario Alma Atlántica
  • Son da Arboreda (zona gastro) Kris Kdj de 20:00 a 22:00
  • 20:30 Andrés Calamaro. Escenario Xacobeo 21-22
  • 22:00 Los Planetas. Escenario Vibra Mahou
  • 23:30 Izal. Escenario Xacobeo 21-22
  • 1:00 La Casa Azul. Escenario Vibra Mahou

DOMINGO 17 DE XULLO

  • 11:00 Eva Pico. Escenario Paco & Lola
  • 12:00 Luis Fercán. Escenario Paco & Lola
  • 13:00 Os Peregrinos. Escenario Paco & Lola
  • 14:00 Momboi. Escenario Paco & Lola

Horario de cambio de pulseiras:

  • Auditorio de Vilagarcía de Arousa: Xoves 14 de xullo: 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
  • Praia da Concha: Venres 15 de xullo: 10:00 a 00:00 e sábado 16 de xullo: 10:00 a 02:00

Para acceder ao festival con menores é necesario traer asinada a autorización de menores dispoñible na web do festival.

sábado 16 de xullo estará en funcionamento a Zona Kids Gadis desde as 12:00 ata as 21:00. Podes consultar todas as actividades Gadis e Puleva aquí.

Actividades Vilagarcía Viva. Desde o 12 de xullo ata o 31 de xullo. Todas a información relacionada coa exposición 20 years of Music Artwork e as presentacións dos libros que se realizarán entre o 15 e 17 de xullo podes consultalas aquí.

Renfe colabora con Atlantic Fest aumentando prazas e trens para poder acudir ao festival usando o transporte público. A estación de trens de Vilagarcía de Arousa está a tan só uns metros da Praia dá Concha. Tamén se activaron descontos de tren de 5% en longa distancia e de 40% en media distancia e rexional para grupos de máis de 10 persoas. Toda a información aquí.

Se vés en coche a Atlantic Fest, poderás aparcar nas seis bolsas de aparcamento coas que contará o festival, unha delas para autocaravanas. Toda a información sobre o recinto do festival e as bosas de aparcamento podes atopala aquí.

Dentro do plan de igualdade do Atlantic Fest, que compartimos con todos os traballadores e provedores do festival, estamos a levar a cabo unha Campaña contra a agresión sexista, da que elaboramos un folleto con información para que os asistentes do festival póidanllo descargar na nosa páxina web e que achegamos aquí para a súa descarga directa.


 

Hora

xullo 15 (Venres) - 17 (Domingo)

Localización

Praia da Concha

Está pasando!