Mondra | Sofia Taboada

Concerto de Mondra en Cambados

xov30xulConsultarConcerto de Mondra en CambadosLXXIV Festa do Albariño(Consultar: xoves) Praza de Fefiñáns - Cambados

Detalles do Evento

Da man do programa ‘+Música’ da Deputación de Pontevedra, Mondra, un dos artistas máis destacados da música galega actual, encargarase de ofrecer un concerto en Cambados o xoves 30 de xullo.

O artista, cantareiro e bailador actuará na praza de Fefiñáns dentro da programación da LXXIV Festa do Albariño.

Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país e visitará a capital estradense despois de ofrecer o seu primeiro concerto no municipio o pasado ano, no marco do festival Folk de Raíz de Callobre.

Co seu álbum debut, titulado “Ardēn” (Altafonte, 2023), Mondra acadou o recoñecemento unánime de público e crítica. No mes de maio de 2025 lanza o seu segundo traballo discográfico, “De Ronda” (Altafonte, 2025), un álbum persoal e irreverente, “para seducir ou ser seducido”, da man de Hevi (Laboratorio Soyuz).

Entre os anos 2023 e 2024, o artista realizou máis de oitenta concertos dentro e fóra da xeografía galega coa súa “Folīa das Ardentes”, moi aclamada polo público. Da mesma maneira, en 2025, “A Ronda” seguiu enchendo os escenarios cun espectáculo no que a música, o corpo e a escena dialogan coa tradición para resignificala desde o presente.

A xira 2026 da “Ronda” levará o espectáculo de Mondra de novo por toda a xeografía galega e do resto do Estado.

No haber de recoñecementos, Mondra foi distinguido con múltiples galardóns, entre eles o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 por “Ardēn”, o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por “Marimondra” ou o Premio aRi[t]mar á Mellor Música do 2024 na Galiza polo seu tema “Quererse ben”.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Praza de Fefiñáns

Fefiñáns, 36630 Cambados

Está pasando!