Escenario do Bigsound 2025 | PlayPlan

Coa recente incorporación de Walls, Bigsound Pontevedra completa o cartel definitivo da súa segunda edición

2 Xullo 2026

  • David Bisbal, Maria Becerra, Juan Magán, Nathy Peluso, Ana Mena, Luck Ra, Nil Moliner, Natalia Lacunza, Lucho RK, Walls e Hens lideran un cartel que reunirá durante dúas xornadas a algunhas das principais figuras da música mainstream, a música urbana e os sons latinos os próximos 17 e 18 de xullo no Parque de Tafisa
  • Bigsound Pontevedra volverá contar con dous escenarios: Xacobeo 2027 Stage e Pontevedra Stage, ofrecendo música ininterrompida durante máis de dez horas cada xornada

A conta atrás para a segunda edición de Bigsound Pontevedra xa comezou. Os próximos 17 e 18 de xullo, o Parque de Tafisa volverá converterse no gran punto de encontro da música mainstream, a música urbana e os sons latinos en Galicia.

Dúas xornadas que reunirán a algunhas das figuras máis destacadas do panorama nacional e internacional xunto ás novas voces que están a marcar o presente da industria musical.

Coa recente incorporación de Walls, Bigsound Pontevedra completa o cartel definitivo da súa segunda edición. David Bisbal, Maria Becerra, Nathy Peluso, Juan Magán, Ana Mena, Luck Ra, Nil Moliner, Natalia Lacunza, Lucho RK, Hens, Despistaos, Besmaya, Mafalda Cardenal, Yami Safdie, Big Lois, Chema Rivas, Gemeliers, Luc Loren, LG1DO, Rager e Ele DJ conforman un cartel concibido para conectar xeracións estilos e sensibilidades musicais, reafirmando a Bigsound Pontevedra como un dos grandes encontros musicais do verán en Galicia.

Escenario do Bigsound 2025 | PlayPlan

DOUS ESCENARIOS PARA GOZAR DE MÁIS DE VINTE HORAS DE MÚSICA

A programación de Bigsound Pontevedra volverase a desenvolver sobre dous escenarios: Xacobeo 2027 Stage e Pontevedra Stage, concibidos para ofrecer un fluxo continuo de música en directo durante toda a xornada e permitir ao público gozar do festival practicamente sen interrupcións.

A alternancia de actuacións entre ambos os dous escenarios reducirá os tempos de espera e permitirá enlazar concerto tras concerto desde a apertura de portas ata o peche de cada xornada, ofrecendo unha experiencia dinámica e constante para todos os asistentes.

Mapa do Parque de Tafisa 2026 | PlayPlan


UN ESPAZO DESEÑADO PARA VIVIR O FESTIVAL AO COMPLETO

Bigsound Pontevedra volverá transformar o Parque de Tafisa nun recinto deseñado para gozar dunha experiencia que vai moito máis aló dos escenarios.

O festival contará con dous grandes escenarios, amplas zonas de restauración, barras distribuídas por todo o recinto, áreas de descanso, servizos sanitarios, puntos de recarga, taquillas, zona VIP, espazos para as activacións das marcas colaboradoras, ademais de servizos adaptados para persoas con mobilidade reducida.

A distribución do recinto foi concibida para facilitar unha circulación cómoda e fluída entre todos os espazos, permitindo alternar concertos, gastronomía e zonas de descanso sen perder detalle da programación.

Ademais, o recinto disporá de diferentes puntos de información e asistencia para garantir unha experiencia cómoda, segura e accesible para todos os públicos. A organización recomenda consultar previamente os horarios oficiais e o plano do recinto para planificar a experiencia e aproveitar ao máximo todas as propostas que ofrecerá Bigsound Pontevedra.

Durante os días 17 e 18 de xullo, Xacobeo 2027 Stage e Pontevedra Stage acollerán unha programación que combinará grandes figuras nacionais e internacionais, referentes do pop e a música urbana e algunhas das propostas emerxentes con maior proxección do momento. Máis dunha vintena de artistas pasarán polos dous escenarios do festival nunha sucesión de concertos deseñada para manter a música en directo desde a apertura de portas ata o peche de cada xornada.

O resultado será un percorrido por algúns dos nomes máis relevantes do panorama musical actual, conectando diferentes estilos, xeracións e sensibilidades nunha edición que volverá converter Pontevedra nun dos grandes epicentros musicais do verán.

O venres 17 de xullo, as actuacións comezarán ás 16:00 horas con Ele DJ, encargada de inaugurar o primeiro día do festival. Ao longo da tarde tomarán o relevo Gemeliers, Chema Rivas e Mafalda Cardenal, tres propostas que representan algunhas das novas voces do pop español, antes da actuación de Despistaos, unha das bandas máis queridas do pop-rock nacional e responsable dalgúns dos himnos xeracionais das últimas dúas décadas.

A xornada continuará con Nil Moliner, un dos artistas máis queridos do pop nacional grazas á enerxía dos seus directos; Luck Ra, fenómeno arxentino que regresa cunha actuación exclusiva en Galicia; e Lucho RK, un dos nomes imprescindibles da nova xeración urbana. A noite alcanzará un dos seus grandes momentos da fin de semana: David Bisbal, protagoniza a súa única data galega de 2026 dentro da súa nova xira, antes de dar paso a Hens e ao gran peche da noite con Juan Magán, pioneiro do electrolatino e autor dalgúns dos maiores himnos de baile en español das últimas dúas décadas.

O sábado 18 de xullo volverá a arrancar ás 16:00 horas cunha programación que combinará pop, música urbana e sons latinos en ambos os escenarios. Rager, unha das bandas emerxentes con maior personalidade da escena galega, abrirá a xornada xunto a Yami Safdie, unha das voces máis prometedoras do pop latino actual, e Big Lois, unha das novas incorporacións do cartel. A tarde continuará con Walls, unha das figuras máis destacadas do novo pop español, e Besmaya, un dos proxectos que mellor representan a nova escena do pop alternativo nacional.

A recta final do festival estará protagonizada por Ana Mena, que ofrecerá en Bigsound Pontevedra a primeira e única actuación en Galicia da súa nova xira; Natalia Lacunza, unha das artistas máis persoais da escena pop actual; e Nathy Peluso, que presentará o seu aclamado proxecto Club Grasa DJ Set na que será a súa única actuación en Galicia en 2026. Tras o paso de Luc Loren, a clausura desta segunda edición correrá a cargo de Maria Becerra, “La Nena de Argentina”, que porá o broche final ao festival coa única actuación que ofrecerá este ano en Galicia. confirmando un dos peches máis potentes da historia de Bigsound Pontevedra.

MÁIS ALÓ DOS CONCERTOS: ACTIVACIÓNS, GASTRONOMÍA E ENTRETEMENTO

Bigsound Pontevedra está organizado por Bigsound e PlayPlan e conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a través da marca turística Visit Pontevedra. O festival conta ademais co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, así como coa colaboración de Galicia Calidade e Xacobeo 2027.

Así mesmo, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través da marca Rías Baixas Fest. Tamén conta coa colaboración de Carné Xove, Keler, imagin, Havana Club, Gi Group, Renfe, Red Bull, Schweppes, Pepsi, Enterticket, LOS40 e Bono Cultural, unha colaboración que reforza o compromiso compartido co desenvolvemento de grandes proxectos culturais en Galicia.

Está pasando!