Concerto de Pelepau Sinfónico na Cañiza

dom11ago23:30Concerto de Pelepau Sinfónico na CañizaPROGRAMA '+MÚSICA' DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA23:30 Praza do Concello da Cañiza - A Cañiza

Detalles do Evento

Música tradicional intrumental e vocal, con arranxos de culturas alleas como a afrobrasileira chegan á Praza Maior de A Cañiza o domingo 11 de agosto ás 23:30 horas, da man de Pelepau Sinfónico.

Pelepau naceu no ano 2010 co fin de adaptar temas de tradición galega para percusións e voces. Está formado por once percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega de recoñecida traxectoria.

Os instrumentos de percusión empregados polo grupo nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais, entre os que destacan os que antigamente eran utensilios do día a día, coma culleres, tixolas, botellas de anís ou morteiros. Teñen dous discos publicados; o primeiro é ‘Fío e agulla’, e o segundo, publicado en 2020, ‘Na beira’.

O grupo de folklore Pelepau actúa na Cañiza ao abeiro do programa ‘+Música’ da Deputación de Pontevedra.


Hora

(Domingo) 23:30

Localización

Praza do Concello da Cañiza

Praza do Concello, Rúa Oriente, 11, 36888 A Cañiza

Está pasando!