Concerto de Pelepau Sinfónico en Vila de Cruces

lun12ago19:00Concerto de Pelepau Sinfónico en Vila de CrucesPROGRAMA '+MÚSICA' DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA19:00 Concello de Vila de Cruces - Vila de Cruces

Detalles do Evento

Música tradicional intrumental e vocal, con arranxos de culturas alleas como a afrobrasileira chegan á Praza do Concello de Vila de Cruces o luns 12 de agosto a partir das 19:00 horas, da man de Pelepau Sinfónico.

Pelepau naceu no ano 2010 co fin de adaptar temas de tradición galega para percusións e voces. Está formado por once percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega de recoñecida traxectoria.

Os instrumentos de percusión empregados polo grupo nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais, entre os que destacan os que antigamente eran utensilios do día a día, coma culleres, tixolas, botellas de anís ou morteiros. Teñen dous discos publicados; o primeiro é ‘Fío e agulla’, e o segundo, publicado en 2020, ‘Na beira’.

O grupo de folklore Pelepau actúa en Vila de Cruces ao abeiro do programa ‘+Música’ da Deputación de Pontevedra.


Hora

(Luns) 19:00

Localización

Concello de Vila de Cruces

Vila de Cruces

Está pasando!