Vero Rilo | Culturactiva

'Contos de Nadal' con Vero Rilo en Bueu

xov18dec18:00'Contos de Nadal' con Vero Rilo en BueuBiblioteca Municipal Torrente Ballester 18:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O Concello de Bueu organiza o xoves 18 de decembro unha sesión de ‘Contos de Nadal’ con Vero Rilo.

A actividade será ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu.

Vero Rilo é narradora oral. Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público.

A música está moi presente nos seus traballos a dúo aínda que, por máis que o intente, nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto.

Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.

Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde” Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre…

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!