Costa Atlántica MTB Tour | © Global Deporte

setembro, 2022

Detalles do Evento

Celebrarase a fin de semana do 23 ao 25 de setembro, e terá a Pontevedra como centro da probaSerá o escenario da crono nocturna, e punto de saída e chegada nas dúas etapas en ruta previstas por distintos concellos da provincia


Pontevedra acollerá o vindeiro fin de semana, 23, 24 e 25 de setembro a Costa Atlántica MTB Tour que inclúe una crono pola cidade de Pontevedra e dúas etapas por distintos concellos con saída e chegada, tamén, a Pontevedra. O concelleiro de Deportes e tenente de alcalde, Tino Fernández indicou que se trata “dunha proba única” cunha asistencia de máis de 200 participantes.

A proba arranca o día 23 cunha crono nocturna de 4 quilómetros polo centro histórico da cidade e atravesando o río. A saída será de 4 en catro dende a praza de España.

As outras dúas etapas percorrerán distintos concellos con saída e chegada á praza da Ferraría.

Na actualidade a inscrición está pechada con máis de 200 participantes, que poden competir en parellas ou individual. Ademais, existen dúas categorías competitivas (élite e master) e outras non competitivas.

Entre os asistentes estarán Juan Pedro Trujillo e o campión do mundo, David Vaz. A proba rematará o domingo 25 cunha Pasta party na praza da Ferraría.


Presentación de Costa Atlántica | © Concello de Pontevedra

Os organizadores, a empresa Global Deporte, confían en que se convirta nunha proba referente en Galiza e no Estado.

Costa Atlántica MTB Tour está apoiada pola Xunta de Galicia e pola Deputación provincial, ademais de polo Concello que considera “o deporte e a actividade deportiva un tractor da economía local” en palabras do concelleiro de Deportes, Tino Fernández. Destacou o intenso outono que ten por diante a cidade con competicións de Loita, ciclocross, marcha nórdica, karate…

Fernández lembrou que “a pandemia supuxo un corte na evolución do Costa Atlántica, que ía moi ben”, pero xa se está a recuperar con bo pulo se despois de tres anos sen celebrarse ten 200 persoas inscritas. O concelleiro desexou sorte aos deportistas e convidou a todos os pontevedreses e pontevedresas a que focen da proba na vindeira fin de semana.

Hora

setembro 23 (Venres) - 25 (Domingo)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!