Festival Mundial de Ilusionismo 'Galicia Ilusiona' en Vigo

sáb19out20:30Festival Mundial de Ilusionismo 'Galicia Ilusiona' en VigoA MELLOR MAXIA DO MUNDO VOLVE A GALICIA20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Chega a Vigo a terceira edición do Festival Mundial de Ilusionismo ‘Galicia Ilusiona’. Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario.

A gala estará conducida polo Mago Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de Nestor Hato (Francia), Manolo Costa e Mindanguillo (Elche), Lore Lavand (Arxentina), Ki Moon Do (Corea) e Jerome Murat (Francia).

  • Mago Murphy (Madrid): Murphy será o mestre de ceremonias do espectáculo, o presentador perfecto pola súa simpatía e conexión co público. Será o encargado de dar paso aos diferentes números ao tempo que nos amosa a súa maxia máis creativa e espectacular.
  • Nestor Hato (Francia): Nestor Hato é especialista en manipulación, a rama máis complexa da maxia. O seu show é explosivo e trepidante, os espectadores non poderán creer o que están vendo. Un número que conseguiu dar a volta ao mundo e estar presente nos mellores escenarios e platós de televisión.
  • Manolo Costa e Mindanguillo (Elche): Manolo Costa e Mindanguillo acaban de gañar o Premio Europeo de Maxia na súa especialidade, a maxia cómica. Un dúo único que veñen dispostos a poñer o teatro patas arriba.
  • Lore Lavand (Arxentina): Lore Lavand mestura maxia, teatralidade e poesía no seu espectáculo. Un número cheo de emocións que conseguirá trasladar aos espectadores ao mundo dos sentimentos. Sen dúbida, un acto cunha gran enerxía emocional.
  • Ki Moon Do (Corea do sur): Kimoon Do chega a Galicia directamente dende Corea para mostrar o seu número máis destacado: O director máxico de orquestra. KiMoon Do é gañador de multitude de premios a nivel mundial e levou a súa maxia aos 5 continentes.
  • Jerome Murat (Francia): Jerome Murat está considerado o mellor mimo do mundo. O seu acto da estatua de dúas cabezas é coñecido mundialmente, unha mestura de teatralidade e maxia imposible, son as claves deste número multipremiado internacionalmente.

Dirixen e producen: Pedro Bugarín e Dani Polo.

Dúas funcións: 19 de outubro (20:30 horas) e 20 de outubro (18:00 horas).

Para todos os públicos, duración aproximada: 1:30h.

Entradas anticipadas á venda desde 15 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!