This is a repeating event

'Galicia Pádel Máster' en Pontevedra

xov27xuñConsultar'Galicia Pádel Máster' en PontevedraDo 24 ao 30 de xuño de 2024(Consultar: xoves) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A primeira visita de A1 Pádel a territorio galego será un verdadeiro espectáculo, máis aló do que poidan gozar os afeccionados do que ocorra sobre a moqueta vermella, tamén poderán participar de distintas actividades paralelas.

O ‘Galicia Pádel Máster’ desenvolverase do 24 ao 30 de xuño no Pavillón Municipal dos Deportes e no Recinto Feiral de Pontevedra.

Personalidades do mundo do deporte como Toni Nadal (adestrador de tenis) ou Almudena Cid (ex ximnasta olímpica) ofrecerán ‘clínics’ e charlas nun ciclo de conferencias.

Ademais da instalación da pista principal do torneo profesional no Pavillón Municipal dos Deportes, o ‘Galicia Pádel Máster’ contará con tres pistas máis no interior do Recinto Feiral destinadas a adestramentos e un torneo amateur. No interior do Recinto habilitarase tamén a zona de exposición, mentres que o exterior estará a zona gastronómica.

Tamén haberá concertos, como o que o venres 28 de xuño darán no exterior do Recinto Feiral os grupos Celtas Cortos, La Frontera e La Guardia, co humorista Jorge Cremades exercendo de DJ.

As entradas xa están á venda en enterticket.es


Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!