Concerto ‘Negra Sombra’ en Pontevedra

xov16mai20:00Concerto ‘Negra Sombra’ en Pontevedradía das letras galegas 202420:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A soprano e compositora canadiense afincada e Pontevedra, Bonnie Cooper, chegará o vindeiro xoves 16 ás 20:00 horas ao Teatro Principal xunto o alumnado da súa escola de canto. Baixo o título de ‘Negra Sombra’ terá lugar o concerto destinado a celebrar as Letras Galegas.

O seu repertorio estará composto por obras de García Abril, Montes, Toldrá e Mompou – importantes compositores españois – e incluso de compositores pontevedreses como Pedrosa e Zumalave. Tamén terá lugar a estrea mundial da compositora e soprano Bonnie Cooper.

O peche contará cunha interpretación coral da peza ‘Negra Sombra’, con música de Montes e texto de Rosalía de Castro.

O evento contará con entrada libre ata completar cabida.



Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!