Proxección de 'Unha mirada – e o amor desátase' en Pontevedra

ven24mai19:00Proxección de 'Unha mirada – e o amor desátase' en Pontevedraciclo de cinema Expediente Alquimia (II)19:00 Casa das Campás. Vicerreiroría do Campus de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle o venres 24 de maio, a proxección de ‘Unha mirada – e o amor desátase’ (1986), de Jutta Brückner, nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente Alquimia (II).

Coñecer filmes de diferentes xéneros, épocas e países, que permitan explorar as diferentes canles polas que a creatividade se fai patente no cinema, tanto a través de aspectos técnicos e formais como dos elementos narrativos ou da construción dos personaxes. Ese é o propósito do segundo ciclo de cinema Expediente Alquimia, promovido conxuntamente polo Campus CREA e a Vicerreitoría de Pontevedra no marco das actividades da Semana da Creatividade.

Patrocinado pola Deputación de Pontevedra, no marco das iniciativas para o impulso do campus de especialización CREA, trátase dun ciclo aberto ao público e conformado por dez proxeccións na Casa das Campás, que terán lugar entre o 4 de abril e o 14 de xuño.

Baixo o título de Expediente Alquimia (II), trátase dunha actividade que conta tamén coa colaboración do Instituto Francés do Cinema e do Goethe Institut alemán e que busca afondar en como a creatividade aflora no cinema a través dunha combinación de “coñecemento e imaxinación”, como sinala o seu coordinador, o codirector do festival Novos Cinemas Suso Novás.



PROGRAMA PRIMAVERA 2024

ABRIL

  • Xoves 4. ‘Duck Soup’ (Sopa de ganso’ | Leo McCarey | EE. UU. | 1933 | 70’)
  • Venres 12. ‘Nosferatu, eine Symphonie des Grauens’ (‘Nosferatu’ | F. W. Murnau | Alemaña | 1921 | 91’)
  • Venres 19. ‘Anomalisa’ (Charlie Kaufman, Duke Johnson | EE. UU. | 2015 | 90’)
  • Xoves 25. ‘Lancelot du lac’ (Robert Bresson | Francia | 1974 | 85’)

MAIO

  • Venres 03. ‘Big Lebowski’ (‘O gran Lebowski’ | Joel Coen, Ethan Coen | EE. UU. | 1993 | 117’)
  • Venres 10. ‘There’s Always Tomorrow’ (‘Sempre hai un mañán’ | Douglas Sirk | EE. UU. | 1955 | 84’)
  • Venres 24. ‘Ein Blick – und die Liebe bricht aus’ (‘Unha mirada – e o amor desátase’ | Jutta Brückner | Alemaña | 1986 | 85’)
  • Venres 31. ‘Blue Velvet’ (‘Veludo azul’ | David Lynch | EE. UU. | 1986 | 120’)

XUÑO

  • Venres 07. ‘Sans soleil’ (Chris Marker | Francia | 1982 | 100’)
  • Venres 14. ‘Licorice Pizza’ (Paul Thomas Anderson | EE. UU. | 2021 | 133’)

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Casa das Campás. Vicerreiroría do Campus de Pontevedra

Rúa don Filiberto, 9 36002 Pontevedra

Está pasando!