I Internacional de Xadrez APECR – Concello de Poio 2024

II Internacional de Xadrez APECR – Concello de Poio

sáb05xulConsultarII Internacional de Xadrez APECR – Concello de Poiotorneo oficial da Federación Galega de Xadrez(Consultar: sábado) Centro Cultural Xaime Illa Couto - Poio

Detalles do Evento

II Internacional de Xadrez APECR – Concello de Poio celebrarase o sábado 5 de xullo no CC Xaime Illa, en Raxó. Un torneo aberto para toda a cidadanía, non só para todas as idades, senón que ademais será totalmente inclusivo, xa que disporá de material adaptado para xogadores con discapacidade visual que lle permitirá competir na mesma modalidade que o resto de participantes.

A organización confía en repetir o éxito de participación da primeira edición, na que xa se converteu nun dos torneos de xogadas rápidas máis fortes dos últimos anos en Galicia, tanto polo nivel como polo número de participantes, con preto de 200 persoas de todas as idades.

O Internacional de Xadrez APECR 2025 é un torneo oficial da Federación Galega de Xadrez. Válido para ELO FIDE de ritmo rápido, e constará de 9 roldas, con un ritmo de xogo de 10 minutos máis 5 segundos de incremento por xogada en sistema suízo que se disputarán todas o sábado 5 de xullo, catro pola mañá e cinco pola tarde.

O torneo ten inscrición gratuíta, e está aberto a todos os xogadores e xogadoras con licenza federativa en vigor. Aos xogadores sen licenza que desexen participar no torneo, ofreceráselles a opción de licenciarse co equipo da Escola Xadrez Pontevedra.

As inscricións poden facerse a través da páxina web xadrez-apecr.com. Disputarase nas categorías absoluta, feminina, Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16 e Local, que repartirán máis de 400 euros de premios.

Este torneo naceu en 2024 cun dobre obxectivo: por unha banda, actualizar e recuperar o Open Concello de Poio que se facía a principios dos 2000, que era un torneo internacional de nove días moi importante do Circuíto Galego. E, por outra, facerlle unha homenaxe ao seu amigo Alberto Eyo Castro-Rial, con lazos importantes que o vencellaban a Poio e a Raxó, que finou hai o ano pasado e que era un rapaz moi coñecido e querido na comunidade xadrecista galega. É por iso que o torneo leva as súas iniciais no nome.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Centro Cultural Xaime Illa Couto

Igrexa, 16 - Raxó - 36992 Poio

Está pasando!