'Mai, Mai'

sáb06nov18:00'Mai, Mai''Tornar ás táboas'18:00 Pazo Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’, da Deputación de Pontevedra, Baobab Teatro porá en escena a obra de teatro familiar ‘Mai, Mai’, a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie.

Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental.

Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.

Espectáculo recomendado para público familiar.

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de entradas no teléfono 986 727 936.


Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Pazo Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3, 36960 Sanxenxo

Está pasando!