Mercedes Peón con 'Osmose' en Pontevedra

sáb07out21:00Mercedes Peón con 'Osmose' en PontevedraFESTIVAL DE CULTURA REIVINDICATIVA 'GUERRILLA'21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. Comprometida e loitadora, non podía faltar nesta programación.

Achégase a Pontevedra cunha obra moi vinculada á nosa historia: ‘Osmose’, que ten como protagonistas ás traballadoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras galegas. Un diálogo colectivo a través das imaxes do seu arquivo persoal xunto co traballo visual da ferrolá Peque Varela, o relato fílmico da película Nación, de Margarita Ledo Andión, e a arquitectura lumínica de Laura Iturralde.

Unha pregunta escénica canalizada a través da música e as súas corporalidades. Un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva con imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos incorporados á producción. Corpos sen xénero distribuidos no binarismo de poder e subalternidade.

Entradas anticipadas á venda dende 10 euros en Ataquilla.com



O FESTIVAL

A programación do festival de cultura reivindicativa ‘Guerrilla’ comeza cun dos seus pratos fortes, os concertos de MJ Pérez e O Rabelo, que serán o día 29 de setembro no Teatro Principal ás 21.00 horas. Estas dúas figuras son chaves para entender as reivindicacións de xénero e diversidade afectivo sexual da música galega actual. Sobre o escenario preséntase a importancia do feminismo e daranlle unha volta aos roles de xénero, abrindo camiño cara un novo espazo onde os estereotipos de xénero se dilúen num abiente festivo, inmersivo e animado.

O día 30 viaxa a Pontevedra dende Euskadi Olatz Gorrotxategui coa súa obra de teatro ‘Mierda de Ciudad, la historia del rock radical vasco’. O espectáculo será tamén no Teatro Principal ás 21.00 horas. A peza é un western musical sobre o auxe e a caída do rock radical vasco, unha historia sobre unha xeración que busca o seu lugar, chave para entender o contexto sociocultural da época.

A semana seguinte trae tres grandes nomes: Leo Bassi, Mercedes Peón e Fermín Muguruza. O xoves 5 Leo Bassi estará no Teatro Principal co seu espectáculo ’70+’, que está levantando paixóns alá por onde pasa. Nel, o famoso clown italiano reflexiona sobre o paso do tempo e conta como está vivindo a súa entrada na década dos 70: con vitalidade e ganas de facer cousas. “A mellor época da miña vida”, di. Pola súa banda, A idade como unha convención social.

artista Mercedes Peón estará o sábado 7 ás 21.00 horas no Principal con ‘Osmose’, un espectáculo audiovisual e sonoro que pon en valor a loita das obreiras da fábrica de Pontesa.

Para poñer peche a programación o domingo 8 ás 19.00 horas, contaremos coas protagonistas do documental de Fermín Muguruza ‘Bidasoa 2018-2023’, Essoh Romeo Atchori, Yedoh Aetz Atchori Lazkano e Miren Larraitz Lazkano Vendrell. Protagonistas do documental que pon voz ás historias afogadas nas augas do río Bidasoa entre Irun e Hendaia polo esforzo policial en evitar a entrada dos inmigrantes en tránsito cara o resto de países europeos. Un acontecemento real que viviu a frontera pirenaico-atlántica natural do Bidasoa no verán do 2018.



As entradas están xa á venda en Ataquilla.com cos descontos habituais. Teñen un prezo de 10 euros, agás o concerto de MJ Pérez e O Rabelo, que custa 6 euros e o documental de Fermín Muguruza, que será de balde.

Todos os espectáculos terá lugar no Teatro Principal ás 21.00 horas a excepción do documental de Muguruza ás 18.00 horas.


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!