Paseo sobre a historia da poesía no Concello de Pontevedra

sáb21xuñ11:00Paseo sobre a historia da poesía no Concello de PontevedraPontevedra Poética11:00 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Como parte das actividades de ‘Pontevedra (d)escrita’, onde é posible consultar 73 autorías, 55 obras, 19 espazos vinculados ao mundo literario e 26 itinerarios relacionados coa literatura, organizaranse dous paseos guiados deseñados especificamente para este proxecto.

O primeiro deles é ‘Pontevedra Poética’, con inscrición aberta en apuntate.pontevedra.gal para as 3 sesións que terán lugar o sábado 21 de xuño con quenda ás 11.00 h e ás 19.00 h. e o venres 4 de xullo ás 19.00 h.

Un paseo pola cidade da man da creación poética en lingua galega. A primeira figura a tratar será Paio Gomes de Charinho, nun paseo de hora e media de duración con nove paradas, destinado a público maior de 16 anos.

Pretendemos que sexa moi divulgativo e serva para persoas que non sabe case nada da relación da literatura con Pontevedra e tamén para a xente con coñecemento, achegando datos curiosos”.

Avanzan que ao igual que a literatura, este é un proxecto vivo en constante actualización que contará logo do verán con outras propostas como un novo paseo que relacione Pontevedra, o exilio e a literatura.

Hora

(Sábado) 11:00

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!