Ponteatro: '2Pilgrims’ de Redrum Teatro

xov27feb21:00Ponteatro: '2Pilgrims’ de Redrum TeatroCICLO TEATRAL PARA PÚBLICO ADULTO21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 27 de febreiro ás 21:00 horas, dentro do ciclo Ponteatro, Redrum Teatro porá en escena a obra ‘#2Pilgrims’.

Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Ela protagonizou a serie ‘Acacias 38’, e el foi o neno de ‘Pratos Combinados’. Agora as súas carreiras están acabadas. Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto ‘#2Pilgrims’, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.

  • Autoría: Fernando Epelde
  • Dirección: Álex Sampayo
  • Elenco: Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo
  • Duración: 70 min



PONTEATRO 2025

Ponteatro regresa entre o 20 de febreiro e o 3 de abril con 6 propostas de teatro, danza, humor, xénero musical e monicreques para público adulto.

  • Xoves 20 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘4 x 4’ de Ron Lalá
  • Xoves 27 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘#2Pilgrims’ de Redrum Teatro
  • Xoves 13 de marzo ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘El Verdugo’ de El Espejo Negro
  • Xoves 20 de marzo ás 21h. no Teatro Principal – ‘Reconversión’ de Ibuprofeno Teatro
  • Venres 28 de marzo ás 19h. no Pazo da Cultura – ‘Os miserábeis’ do IES Illa de Ons de Bueu
  • Xoves 3 de abril ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘Ceibe’ da compañía da danza Fran Sieira

Todos os espectáculos terán lugar os xoves ás 21h. a excepción de ‘Os miserábeis’ que, ao formar parte do programa do Salón do Libro, terá lugar ás 19h. do venres 28 de marzo a un prezo de 3 euros.

As restantes propostas contarán co prezo habitual de 8 euros e reducido de 4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos.

Xa está activa a venda en Ataquilla.com tamén do formato abono que oferta o total dos 6 espectáculos a un prezo de 26 euros máis gastos.


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!