Presentación do libroxogo 'Bruxas e dragóns' en Bueu

ven19dec17:00Presentación do libroxogo 'Bruxas e dragóns' en BueuLedicia Costas e Luismi Pérez 17:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

A Libraría Miranda de Bueu organiza o 19 de decembro a presentación do libroxogo ‘Bruxas e dragóns’, de Ledicia Costas e Luismi Pérez.

O acto terá lugar ás 17.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.

Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.

Con mecánicas claras e accesibles, ‘Bruxas e dragóns’ propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.

Hora

(Venres) 17:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!