'Primavera en ruta 2025' en Cangas

sáb03mai10:30'Primavera en ruta 2025' en Cangas Asociación A Illa dos Ratos10:30 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Unha vez máis a Asociación A Illa dos Ratos proponnos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas por Cangas para a primavera de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.

Nesta ocasión presentannos unha serie de rutas guiadas baixo o título ‘Primavera en ruta 2025’, un programa que estará composto por 12 rutas que organizamos en colaboración co Concello de Cangas.

Para que os asistentes poidan coñecer Cangas desde diversos puntos de vista, deseñouse un programa moi completo que constará de doce rutas, nove diferentes, entre as que estará a gran novidade deste 2025, ‘As esculturas de Cangas’, unha ruta na que coñeceremos detalles interesantes dalgunhas das esculturas que forman parte das nosas rúas e que empregaremos como fío condutor para coñecer a historia do pobo.

Podedes consultar as características de cada ruta nos seguintes enlaces:



As datas das rutas guiadas gratuítas do programa ‘Primavera en Ruta’ son as seguintes:

MARZO

  • Sábado 22. ‘Rúas con Historia’, os nomes das rúas
  • Domingo 23. ‘Cabo Home’, camiño dos faros

ABRIL

  • Sábado 5. ‘Esculturas’. As esculturas de Cangas
  • Sábado 12. ‘Cangas e o Mar’, a orixe dunha vila mariñeira
  • Domingo 13. ‘Cangas na República’
  • Domingo 20. ‘Massó’, o sentir dun pobo

MAIO

  • Xoves 1. ‘Cabo Home’, camiño dos faros
  • Sábado 3. ‘Esculturas’, as esculturas de Cangas
  • Sábado 17. ‘Cangas 1617’, a defensa da vila
  • Domingo 17. ‘Aldán’, un condado á beira do mar
  • Sábado 31. ‘Personaxes de Cangas’

XUÑO

  • Sábado 14. ‘Massó’, o sentir dun pobo

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio haberá un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaranse as correspondentes listas de espera que serán xestionadas de forma activa.

Hora

(Sábado) 10:30

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!