This is a repeating event

LXIV Festa da Lamprea de Arbo 

ven26abrConsultarLXIV Festa da Lamprea de Arbo 26, 27 e 28 de abril de 2024(Consultar: venres) Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Arbo xa está prepara para celebrar a LXIV Festa da Lamprea, unha cita arredor da cultura da lamprea que ten o prestixio de ser a festa gastronómica máis antiga de Galicia.

As celebracións serán do 26 ao 28 de abril, pero os actos comezarán este domingo 21 de abril ás 20:00 horas na Gala da Lamprea que acollerá o Auditorio do Centro Multiusos e que contará coa actuación de Antonio Barros.

Entre os agasallados están o equipo de Biberóns do Concello de Arbo, As patinadoras Arbenses, o Veterano de Fútbol de Arbo, o Equipo de futbol Sala Muebles 2000 F.S. e Manu Castro.

Tamén se fará entrega da máxima distinción que o Concello de Arbo outorga aos Irmans Puga e a A.C. Barca de Loimil.



Festa da Lamprea é a manifestación e o valor dun pobo. Un pobo orgulloso das súas tradicións, da súa paisaxe, do seu patrimonio, da súa historia, da súa enogastronomía e da súa Festa Maior.

Arbo, podemos dicir que é a capital da Lamprea. Non existe constancia de ningún outro municipio en toda España que teña unha tradición tan antiga e arraigada arredor deste peixe prehistórico e misterioso.

Arbo celebra a LXIV edición da Festa da Lamprea, cunha ampla e variada programación, que terá lugar do venres 26 ao domingo 28 de abril.

DOMINGO 21 DE ABRIL

  • 18:00h. GALA DA LAMPREA, no Centro Multiusos de Arbo coa actuación de Antonio Barros (Canción popular galega).

VENRES 26 DE ABRIL

  • 17:30 h. Inauguración oficial de ARBOMOSTRA 2024
  • De 18.00 a 24.00 h. Visitas a ARBOMOSTRA
  • 18:00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga NOROESTE
  • 20:00 h. Actuación do grupo PRYSMA na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite, gran verbena coas orquestras PARÍS DE NOIA na Praza Consistorio e MIRAMAR na Rúa Luis Cubelas

SÁBADO 27 DE ABRIL

  • De 11:00 a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2024
  • 11:00 h. Pasarrúas a cargo da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO
  • 12:00 h. Concerto pola BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO, na Praza Consistorio
  • 12:30 h. Recepción de autoridades no Concello
  • 13:00 h. Pregón
  • 13:30 h. Interpretación de himnos pola BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO, na Praza Consistorio
  • 13:30 h. Actuación do grupo A BANDA DO SEQUÍO na carpa ARBOMOSTRA
  • 15:00 h. Xantar da Lamprea
  • 17:00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga CANTOS SOMOS
  • 20:00 h. Actuación do grupo MEL DE MEIGA, na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite, gran verbena coas orquestras OLYMPUS na Praza Consistorio e CAPITOL na Rúa Luis Cubelas

DOMINGO, 28 DE ABRIL

  • De 11:00 a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2024
  • 11:30 h. Pasarrúas a cargo da charanga ENCERELLADOS
  • 12:00h. Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas da A.C. A BARCA DE LOIMIL
  • 13:00 h. Actuación do grupo folclórico A.C. A BARCA DE LOIMIL, na Praza Consistorio
  • 13:30 h. Actuación do grupo O SON DAS TABERNAS, na carpa ARBOMOSTRA
  • 17:00 h. Pasarrúas a cargo da charanga ENCERELLADOS
  • 18.30 h. Actuación do grupo TONICHI Y PACHECO, na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite, gran verbena coas orquestras ASSIA na Praza Consistorio e CHARLESTON na Rúa Luis Cubelas

EN CASO DE MAL TEMPO AS ACTUACIÓNS REALIZARANSE NO AUDITORIO DO CENTRO MULTIUSOS OU NA CARPA DA RÚA LUIS CUBELAS.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!