This is a repeating event

Surfing the Lérez Festival en Pontevedra

ven14xuñConsultarSurfing the Lérez Festival en Pontevedra14 e 15 de xuño de 2024(Consultar: venres) Illa do Covo - Pontevedra

Detalles do Evento

O festival de música por antonomasia de Pontevedra, o Surfing the Lérez, vén de presentar boa parte da súa programación para este 2024. A cita, que mantén a súa esencia intacta —localización, entrada libre e ambiente diverso e familiar—, celebrarase entre os días 14 e 15 de xuño ao longo de dúas xornadas que prometen ser para o baile e o ocio.

O festival recupera a súa colaboración co artista pontevedrés Santiago Paredes para o deseño do seu cartaz, no que aínda faltan algunhas agrupacións de peso por confirmar, e homenaxea á Sala Karma, combinando unha mostra de bandas que pasaron pola sala de concertos da Boa Vila, ao tempo que mestura grupos xa consolidados como Grande Amore, Ortiga ou Niños Mutantes, como propostas emerxentes tales como as de Javi Lago e Lady Banana.



A Illa do Covo agarda a chegada de centos de persoas ao igual que en pasadas edicións, nunha combinación de ambiente familiar e musical, con sitio para todos e todas, ao longo de todas as franxas de idade.

Haberá de novo zona gastronómica, barras de bebidas e un posto de recollida de alimentos, pois esta é a entrada simbólica que os asistentes deben entregar, poñéndose o reto este ano nas 10 toneladas de alimentos a recoller pola Rede Axuda. Por suposto, tamén haberá zona infantil e un mercado emerxente, con produtos artesáns e de proximidade.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Illa do Covo

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!