This is a repeating event

XXXII Feira do Requeixo e Mel en As Neves

sáb19abrConsultarXXXII Feira do Requeixo e Mel en As NevesFesta de Interese Turístico de Galicia(Consultar: sábado) Concello das Neves - As Neves

Detalles do Evento

O alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, deu a coñecer o pasado xoves, no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR), a XXXII edición da Feira do Requeixo e Mel, un evento declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.

Esta celebración única terá lugar os días 18 e 19 de abril de 2025, coincidindo, como é tradición, co Venres e Sábado Santo.

Na súa intervención, o alcalde destacou o valor cultural e gastronómico desta festa, que leva máis de tres décadas honrando as raíces e tradicións da nosa terra. O requeixo, elaborado de forma artesanal segundo as receitas transmitidas de xeración en xeración, é o protagonista absoluto deste evento, acompañado sempre de mel da mellor calidade, un tesouro que reflicte a riqueza natural do noso territorio.


José Manuel Alfonso durante a presentación da XXXII Feira do Requeixo e Mel | Concello de As Neves

José Manuel Alfonso resaltou tamén a importancia desta celebración como un punto de encontro para veciños e visitantes, converténdose nun escaparate do mellor de As Neves: produtos auténticos, tradición e hospitalidade.

“A data mantense intacta ano tras ano, converténdose nunha cita ineludible para quen desexe gozar da nosa cultura e gastronomía en Semana Santa”, sinalou.

A XXXII Feira do Requeixo e Mel de As Neves promete, unha vez máis, ofrecer unha experiencia única, onde a tradición e a calidade se unen para conquistar os padais de todos os asistentes.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello das Neves

Está pasando!