A programación das letras continúa en Vilagarcía coa proxección dunha documental “alucinante” sobre o fungo claviceps purpurea

10 Maio 2023

  • Os actos programados pola Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa para conmemorar o Día das Letras Galegas teñen hoxe, mércores 10 de maio, unha parada no Salón García, onde a partir das 21:00 horas se proxectará ‘Negro Púrpura’
  • Trátase dun documental dirixido por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva que relata un descoñecido episodio da historia de Galicia do último século
  • O traballo céntrase no claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que tivo unha forte presenza na historia e na economía do século pasado


No audiovisual relátase que Galicia foi un dos lugares de maior produción de claviceps purpurea, un fungo que medra nas espigas dos cereais e que hai xa un tempo que se descubriu como o factor desencadeante das intoxicacións que deron pé á famosa matanza das bruxas de Sálem, na América do século XVII.

Lonxe dese terrorífico episodio, ‘Negro Púrpura’ céntrase na produción deste fungo en Galicia no século XX e como esta curiosa historia influíu no devir na cultura e da economía da zona. LSD, multinacionais farmacéuticas, vagas medievais, mediciña popular e mesmo a CIA están conectadas por un este fungo alucinóxeno coñecido como “ouro negro” na Galicia do século XX.

As directoras do traballo asistirán á proxección e o público poderá comentar con elas aspectos da documental no coloquio que se abrirá tras o seu visionado.

Para a programación desta actividade a Concellería de Cultura contou coa colaboración do Cine Club Ádega.

A asistencia á actividade é gratuíta ata completar aforo.


Está pasando!