This is a repeating event

10ª Oktoberfest de Campelo

sáb05outConsultar10ª Oktoberfest de CampeloFesta da Cervexa 2024(Consultar: sábado) Praza da Granxa, Campelo - Poio

Detalles do Evento

Praza da Granxa acolle os días 4 e 5 de outubro, a décima edición da Oktoberfest de Campelo, un evento no que poderemos degustar deliciosas cervexas e gozar coas actuacións musicais que animarán as xornadas.

A festa aspira a alcanzar as súas cifras tradicionais coa repartición duns 1.500 litros de cervexa alemá (Paulaner), unhas mil salchichas, outras tantas hamburguesas e unha cifra tamén elevada de codillos preparados polos membros da Asociación Cultural e Deportiva de Campelo, promotores do evento.


Presentación da 10ª Oktober Fest de Campelo | © Concello de Poio

A programación da 10ª Oktoberfest de Campelo é a seguinte:

VENRES 4 OUTUBRO

  • 18.00h. Animación infantil a cargo de Javi Solla.
  • 22.00h. Actuacións de Raul e Cía e do DJ Arro.

SÁBADO 5 OUTUBRO

  • 13.00h. Sesión vermú coa música en directo de algo pasa con Mery.
  • 22.00h. Concertos de Son das Tabernas e DJ Arrow.

O venres e sábado organizaranse ludotecas infantís no local social de Campelo (aparcamento de balde a 100 metros) e o sabádo haberá xogos populares na Praza da Granxa.

autobús lanzadeira funcionará de xeito gratuíto desde as 21.00 ata as 03.00 horas, con saída da Igrexa de San Roque (Pontevedra), e percorrido polo Pazo de Ferreirós, Combarro, A Seara e Campelo.


Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Praza da Granxa, Campelo

Está pasando!