II Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota 2023 | © Pinto e Maragota

O Campiño de Santa María acollerá a terceira edición do Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota

27 Setembro 2024

A cita lúdico-culinaria será o domingo 6 de outubro, ás 13.30 horas, e porá o ramo aos vermús 2024 do programa municipal pola diversidade de sexo e xénero


O Campiño de Santa María acollerá, o próximo 6 de outubro, o III Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota, o programa municipal pola diversidade sexual e de xénero que promove a Concellería de Igualdade de Pontevedra, dirixida por Anabel Gulías.

A cita, ás 13.30 horas, porá o ramo aos vermús tortilleiros 2024, unha actividade de lecer, musical, literaria e gastronómica xa consolidada na cidade.

As persoas interesadas en participar no concurso terán que inscribirse antes das 17.00 horas do sábado 5 de outubro, a través do enderezo electrónico info@pintoemaragota.gal

O concurso ten dúas categorías: a mellor tortilla tradicional, feita necesariamente con patacas, ovos, aceite, sal e cebola (opcional) e a tortilla queer, de ingredientes libres. O xurado cualificador estará integrado por representantes da hostalaría local, de Pinto e Maragota e de Avante LGBTPontevedra.

A mellor tortilla tradicional terá como premio un xantar ou cea para dúas persoas no restaurante Gumer e a mellor tortilla queer, un brunch privado “especial Pinto Maragota” no espazo gastronómico Via Nai.


Está pasando!