14º Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo 'Citeamor' en Cangas

mar21abr20:0014º Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo 'Citeamor' en CangasDo 7 de abril ao 26 de maio de 202620:00 Capela do Hospital - Cangas

Detalles do Evento

Do 7 de abril ao 26 de maio, o Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo volverá facer do Auditorio Municipal Cangas un espazo de encontro para compañías, público e proxectos escénicos da comarca, cunha programación que reúne 12 grupos e que mantén algunhas das liñas que o definen desde hai anos: a visibilidade do teatro feito no Morrazo, a formación actoral, a inclusión e a diversidade, así como os vínculos co teatro portugués do Alto Minho.

O ciclo, organizado pola Asociación Cultural A Cepa, tamén incorpora actividades complementarias, como lecturas dramatizadas en galego e portugués e a participación da Escola de Teatro de Cangas, reforzando o seu carácter cultural e formativo.

Dous meses de programación nos que o ‘Citeamor’ volverá reunir grupos de Cangas e Moaña, propostas chegadas de Portugal, formación e novos espazos de encontro arredor do teatro afeccionado.

A programación do 14º Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo ‘Citeamor’ é a seguinte:

7 de abril

  • 20:00 h. Pregón inaugural a cargo de Rosa E. Gantes
  • 20:30 h. ‘Ocupando espazos’ de Voz(k)avil

14 de abril

  • 20:00 h. ‘Luzazul’ de Zyranxs

21 de abril | Capela do Hospital | Teatro en pequeno formato

  • 20:00 h. ‘A ceia dos Cardeais’ do Grupo de Teatro Eu. Experimento, do Instituto Camões
  • 20:45 h. ‘Reencontro’ de Teatro das Aras

28 de abril

  • 20:00 h. Sala de exposicións do Auditorio. Lecturas dramatizadas en galego e portugués. Participa a Escola de Teatro de Cangas e o Instituto Camões. Texto: ‘A importância de se chamar António’, de Xacobe García

5 de maio

  • 20:00 h. ‘A casa de Bernarda Alba’ por Mulleres de Moaña

8 de maio

  • 20:00 h. ‘Os mendigos’ por Duplaface-Companhia das Artes de Ponte de Lima

12 de maio

  • 20:00 h. ‘Figurantes’ a cargo do Grupo de Teatro Charaviscas

14 de maio

  • 20:00 h. ‘Lixocho’ polo Colexio Eduardo Pondal
  • 20:45 h. ‘Cousas de maiores’ a cargo do IES As Barxas

19 de maio

  • 20.00 h. ‘Os de Freixo’ por Furafollas Teatro

21 de maio

  • 18:00 h. Teatro para a infancia. ‘O Xeneraliño’ a cargo de Teatro sen Nome

26 de maio

  • 20:00 h. ‘Suspéndese a función’ por Teatro Aberto

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Capela do Hospital

Xardíns do Señal, s/n, 36940 Cangas

Está pasando!