‘Brincadeiras da lingua’ | Migallas Teatro

'Brincadeiras da lingua' con Migallas Teatro en Cerdedo-Cotobade

sáb18abr19:00'Brincadeiras da lingua' con Migallas Teatro en Cerdedo-CotobadeCentro Sociocultural de Tenorio19:00 Concello de Cerdedo-Cotobade - Cerdedo-Cotobade

Detalles do Evento

O sábado 18 de abril ás 19.00 horas no Centro Sociocultural de Tenorio, no termo municipal de Cerdedo-Cotobade, a compañía Migallas Teatro representará o espectáculo ‘Brincadeiras da lingua’.

Un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar.

Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome ‘Brincadeiras da lingua’.

A función está organizada pola Asociación Cultural Cerdedo Vila e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea.

A entrada é de balde ata completar a cabida.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Concello de Cerdedo-Cotobade

Está pasando!