‘Bailen as vellas. Os contos das cereixas’ | Atenea García e Vero Rilo

'Bailen as vellas. Os contos das cereixas' no Grove

ven24abr19:30'Bailen as vellas. Os contos das cereixas' no GroveRede de Bibliotecas de Galicia19:30 Biblioteca Municipal do Grove - O Grove

Detalles do Evento

O venres 24 de abril, ás 19.30 horas, a Biblioteca Municipal do Grove acolle ‘Bailen as vellas. Os contos das cereixas’, un espectáculo de narración oral dirixido a público adulto a cargo de Atenea García e Vero Rilo.

Unha divertida e fresca proposta que reivindica a cultura, a música e a poesía de transmisión oral galega con historias que chegan agora a escena para que non se perdan, para que as vellas canten e bailen tamén no noso presente.

As hsitorias ás veces son coma as cereixas, cando botas unha á boca parece imposible deixar de botar máis. E así, coma a vida e a amizade, nace esta proposta, botando os contos á boca, seguido.

A entrada é libre ata completar cabida.

Hora

(Venres) 19:30

Localización

Biblioteca Municipal do Grove

Rúa Monte da Vila, 11, 36980 O Grove, Pontevedra

Está pasando!