Solifest 2026 en Vilagarcía

dom19abr11:00Solifest 2026 en VilagarcíaMÚSICA POR UNHA BOA CAUSA11:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Solifest é moito máis que unha data no calendario, é o gran vermú solidario que une ao Barrio de O Piñeiriño e a toda Vilagarcía de Arousa cun propósito común. En este 2026, celebraremos con orgullo a terceira edición, consolidando un evento que naceu da ilusión e o compromiso compartido entre a Asociación de Veciños e Amencer-ASPACE.

O que move a organización é claro: converter a música, a gastronomía e a festa en recursos reais para quen máis o necesitan. Todo o recadado durante o festival destínase integramente a financiar os programas do Centro de Atención Integral Princesa Letizia de Amencer-ASPACE, así como a soster o labor diario da asociación.

A túa participación transfórmase directamente en terapias, tratamentos médicos, equipamento especializado e actividades recreativas que melloran a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.

Pero o obxectivo vai máis aló da recadación. Solisfest busca ser un altofalante de sensibilización e concienciación, creando un espazo de encontro onde a diversión convive coa visibilidade, rompendo barreiras e prexuízos, demostrando que a inclusión é posible e necesaria.

Hora

(Domingo) 11:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!