Concerto de Abraham Cupeiro en Pontevedra

sáb24mai21:30Concerto de Abraham Cupeiro en Pontevedraciclo resoan 202521:30 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O sábado 24 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontedra, o músico multiinstrumentalista Abraham Cupeiro presentará ‘Loira’, un disco cheo de contrastes e emocións que combina temas eufóricos con pezas máis íntimas.

“Mentres escribo estas liñas, ela, Loira, está ao meu lado, como cando facía vídeos na corentena no sofá da casa. Quizais teña que ver co feito de que está cega para que lle guste tanto a música. É de raza mestiza, como este disco que ten temas dispares, pezas que van da euforia á meditación, cancións que son unha antoloxía de cancións que levan anos perdidas nun caixón e que quería que gravaran para que poidades gozar delas”.

Entradas anticipadas á venda dende 17,60 euros en Ataquilla.com



RESOAN

Este concerto forma parte da programación do ciclo Resoan, promovido desde o Concello de Pontevedra, e que traerá ata Pontevedra as actuacións de Kiki Morente, Rodrigo Cuevas, A Banda da Loba, Rodrigo Cuevas, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre; e Abraham Cupeiro.

Hora

(Sábado) 21:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!