Concerto de ‘Gala i Ovidio’ en Pontevedra

mér29xul22:30Concerto de ‘Gala i Ovidio’ en PontevedraCiclo 'Con voz de muller' (2026)22:30 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra deseñou a nova iniciativa cultural ‘Con voz de muller’, un programa concibido para loitar contra a fenda de xénero na cultura.

A programación arrincará o mércores 29 de xullo e estenderase ata o domingo 2, ofrecendo un total de dez espectáculos protagonizados integramente por mulleres. 

A oferta dividirase en dous formatos: cinco grandes actuacións na Praza da Ferrería, sempre ás 22:30 horas, e cinco pasarrúas diarios destinados a tódolos públicos.

Da tradición á música urbana

O escenario principal da Praza da Ferrería acollerá propostas moi variadas, abrindo por todo o alto o mércores 29 co espectáculo ‘Gala i Ovidio’, unha proposta conformada por Raúl Refree e Aida Tarrío (das Tanxugueiras) que lles rinde homenaxe aos fillos de Rosalía de Castro, mesturando cantos tradicionais e electrónica.

xoves 30, a perspectiva de xénero e o humor tomarán o relevo da man de Sobria e Serena co seu espectáculo ‘MeigaGs’. As humoristas Arancha Treus e Jazmín Abuín, coñecidas polo seu éxito nas redes sociais (TikTok e Instagram) e a súa bagaxe teatral, ofrecerán monólogos sucesivos.

venres 31 será a quenda de Queralt Lahoz, cualificada polos organizadores como unha das sensacións musicais máis emocionantes que podía haber hoxe en día, grazas á súa impoñente voz e a súa particular mestura de sons latinos, folclore e música urbana.

A fin de semana comezará o sábado 1 de agosto coa música tradicional do grupo Tres Pesos, liderado por Felisa Segade.

Finalmente, o domingo 2 pechará o ciclo o espectáculo ‘As Cirqueiras’, unha gala de circo de elenco 100% feminino que combinará números aéreos, danza, música e humor para transmitir unha forte mensaxe de “apoderamento e de sororidade”.

A ledicia dos pasarrúas

Todas as xornadas comezarán con pasarrúas diferentes. A programación de rúa será a seguinte:

  • Mércores 29: O grupo Troula traerá o seu espectáculo ‘Psicodelia’, enchendo a cidade de zancudos, xigantes e marionetas para toda a familia.
  • Xoves 30: O grupo pontevedrés Cafuné ofrecerá a súa particular revisión da nosa tradición.
  • Venres 31: Chegadas dende Poio, as Pandereteiras do Ronsel farán gozar ao público da música máis tradicional.
  • Sábado 1: O coro pontevedrés ‘Happy Singers’, dirixido por Bonnie Cooper, sorprenderá coa interpretación de grandes éxitos dos anos 80 e cancións de ABBA.
  • Domingo 2: O peche de rúa estará a cargo de ‘Áureas’, unha actuación musical festiva que rememora as charangas dos anos 20, formada por cinco mulleres procedentes de Galicia, Brasil, Polonia e Arxentina, que interpretarán pezas bailables de comezos do século XX.

Hora

(Mércores) 22:30

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!