‘O que hai’ | © Fundación Laxeiro

Exposición 'O que hai' en Vigo

mér25outConsultardom11febExposición 'O que hai' en Vigofundación laxeiro e Facultade de Belas Artes(Consultar) Fundación Laxeiro - Vigo

Detalles do Evento

A sede da Fundación Laxeiro acolle a exposición ‘O que hai. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade’, que se enmarca nunha liña de colabración entre a Facultade de Belas Artes da UVigo e este centro cultural, dirixida a mostrar o traballo de investigación e creación das novas xeracións vinculadas á facultade.

Co artista e investigador Alberto Santos como comisario, a mostra reúne as creacións de Alberto Ardid, Julio Catalán, Mar Ramón e Estéfana Román, que teñen como nexo común o reemprego de materiais, cos que articulan discursos arredor das ideas de precariedade e sustentabilidade.

A mostra pode visitarse ata o 11 de febreiro de 2024 en horario de 18.00 a 21.00 horas, de luns a venres; de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, os sábados, e de 12.00 a 14.00 horas os domingos.

Hora

Outubro 25 (Mércores) - Febreiro 11 (Domingo)

Localización

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 3º 36002 Vigo

Está pasando!