Gladiator Race 2025 | NOKAO

Gladiator Race 2026 en Pontevedra

sáb06xuñConsultardom07xuñGladiator Race 2026 en Pontevedra6 e 7 de xuño de 2026(Consultar) Illa das Esculturas - Pontevedra

Detalles do Evento

A cidade de Pontevedra acollerá os días 6 e 7 de xuño, unha nova edición da Gladiator Race, unha proba que chegou no ano 2015 e que xa se converteu nunha cita indiscutible e asentadísima no calendario deportivo do municipio.

Na Illa das Esculturas, os deportistas terán que enfrontarse a un duro percorrido de 8 quilómetros composto por 40 obstáculos, destacando tamén o carácter familiar e apto para todas e para todos desta competición.

Esta edición da Gladiator Race logrou un fito histórico ao pechar as inscricións a mediados de marzo, dous meses antes do habitual. A proba contará con máis de 2.000 persoas inscritas na categoría de adultos e preto de 500 crianzas na modalidade infantil, quedando ademais unhas 500 persoas en lista de agarda ao ser imposible ampliar as horas da xornada para dar cabida a máis participantes.

Entre as novidades que se atoparán os corredores este ano, o director destacou a estrea do “Mont Blanc”, unha esixente rampla na que a organización leva traballando o último ano.

Tras a competición de adultos do sábado, o domingo será a quenda da proba infantil, cun circuíto de 1 quilómetro onde os 500 rapaces participarán acompañados de seus pais.

Hora

xuño 6 (Sábado) - 7 (Domingo)

Localización

Illa das Esculturas

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!