Presentación do libro 'Abonda con vivir' en Marín

ven26abr20:00Presentación do libro 'Abonda con vivir' en Marínbiografía de Luísa Villalta escrita por Montse Dopico20:00 Ateneo Santa Cecilia - Marín

Detalles do Evento

Este venres, 26 de abril, Montse Dopico falará no Ateneo Santa Cecilia sobre a vida e obra de Luísa Villalta recollida nun libro ‘Abonda con Vivir’. Escrito a xeito de biografía con retallos da memoria que foron aportando persoas que formaron parte da súa vida afectiva.

Montse Dopico como xornalista e como docente ofrécenos unha análise literaria, sociolóxica e histórica que nos permite coñecer todas as mulleres que foi Luisa Villalta. Un diálogo con forma de reportaxe na que vai explicando quen era Luisa e porque escribiu o que escribiu.



Podemos descubrir a Luisa feminista, a súa preocupación pola igualdade de xénero, polos problemas sociais, pola literatura ou as artes como a música, pero sobre de todo, pola cultura con un gran compromiso polo idioma galego.

Desde as páxinas de este libro coñeceremos a autora e as razóns polas que a Real Academia Galega decidiu adicarlle este 17 de Maio, o Día das Letras Galegas.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Ateneo Santa Cecilia

Rúa do Forno, 42 Baixo 36900 Marín

Está pasando!