Presentación do poemario ‘Letras’ en Redondela

mér22abr20:00Presentación do poemario ‘Letras’ en Redondelaobra da escritora redondelá María Ruíz20:00 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

A programación organizada polo Concello de Redondela para para conmemorar o Mes do Libro continúa o mércores 22 en Chapela coa presentación do poemario ‘Letras’, obra da escritora redondelá María Ruíz Aparicio. 

A autora falará do seu libro co público nun acto na Biblioteca Xela Arias de Chapela ás 20:00 horas.

O libro co que debuta, publicado pola editorial Talón de Aquiles, destaca pola súa sensibilidade e capacidade “para transformar o cotián en pura emoción literaria”.

A través dun estilo depurado e directo, a autora convida a unha viaxe polas paisaxes da memoria, a identidade e o paso do tempo.

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!